Acollida matinal

Servizo voluntario ofertado para as familias que por razóns laborais ou por ter outros fillos e fillas en niveis superiores necesitan traer aos cativos antes de que comece a actividade lectiva para o seu nivel.

Destinado ao alumnado de todo o centro.

Horario de 07:45 a 9:00 horas

Responsable: Dona Beatriz Villar Díaz

Educadora: Dona Margarita Regueiro

 

Plataforma educ@mos

A plataforma Educamos é unha ferramenta de comunicación de contratación voluntaria por parte das familias coa que pretendemos mellorar a relación escola-familia, buscando a mellora na educación do alumnado.

Cada pai/nai terá acceso á plataforma de maneira individual (a través dun contrasinal), así como os rapaces/zas a partires de 5º de Primaria.

Consultando en secretaría ou na propia web do centro explícase o funcionamento da plataforma

 

Servizo Voluntario de Seguro Escolar

O colexio ten subscrito un seguro escolar de accidentes con ampla cobertura. O alumnado que conta con este seguro será atendido en caso de accidente producido na xornada escolar e nas actividades unidas ao mesmo exclusivamente no Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes.

É necesario presentar o parte de accidente, que se cubrirá na portería do centro. O colexio non se fai responsable da factura se acoden a outros centros médicos non concertados ou á seguridade social.

 

Recordo Fotográfico Escolar

Ao final de cada etapa realízase recordo fotográfico escolar do grupo, de libre adquisición.