Este ano o Colexio Divina Pastora de Lugo conta con distintas actividades lúdico-deportivas para ocupar o tempo libre e extraescolar unha vez rematada a xornada lectiva. En horario de 16:00 a 17:00 nas instalacións colexiais e en diferentes horarios nas instalacións do concello , predeporte , fútbol , fútbol sala e baloncesto serán as actividades para que os rapaces de Educación Primaria e Educación Infantil gocen de amplas xornadas deportivas cos seus compañeiros de clase e colexio.

Predeporte para 4º, 5º e 6º de infantil intentará guiar ós pequenos do colexio nos primeiros pasos do deporte.

Na actividade de Fútbol e Fútbol Sala cóntase coa participación dun equipo benxamín, o cal participa na competición organizada pola Federación Galega de fútbol na nosa cidade.

No que respecta ó baloncesto esta tempada contamos con un amplo número de pequenos que adestran no colexio e que abarca toda a Educación Primaria.

Este ano como novidade o colexio ten firmados convenios de colaboración coa APSX Sagrado Corazón e co ADC Piringalla con fin de dotar o colexio dunha mellor infraestrutura que permita que os nosos alumnos e alumnas dispoñan de mellores e maiores medios para a práctica do deporte que queiran practicar.

Con estas e outras actividades como os torneos Don Bosco e María Auxiliadora ou as actividades deportivas coas que celebramos os inicios e finais de curso tentamos que o noso club, e o deporte, estean presentes na vida colexial dos nosos alumnos e alumnas.

 

Ruben Barrios Trigo