• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


Pechamos outro curso máis

 

Outro curso que esta a piques de rematar, pero non foi tampouco este, un ano normal.

En setembro, comezábamos o curso, con moitas dúbidas de como sería o ano, as medidas non estaban moi claras, houbo picos de incidencia que complicaron o día a día, pero dende o Departamento de Orientación non paramos de traballar, e seguimos levando o esquema de traballo igual que un ano “normal”.

No primeiro trimestre, tanto nas Escolas de Familia coma nas titorías do PAT (Plan de Acción Titorial) centrámonos nos contidos relacionados coa educación emocional. Dentro deste gran ámbito, traballamos na xestión as emocións, que inflúe na maioría dos aspectos da nosa vida, máis concretamente sobre o medo, o acompañamento ante unha perda ou estratexias para a educación neste eido cos máis pequenos.

Pola súa banda co alumnado traballamos a acollida, a educación emocional e a violencia de xénero

Durante o segundo trimestre traballamos o amplo abanico das Novas tecnoloxías (NTIC) tanto co alumnado, coas familias e o profesorado centrándonos no que nos podemos atopar en internet, as fake news (noticias falsas) e o colexio formou parte do Plan Director da Policía Nacional, con charlas sobre os abusos (sustancias, internet, apostas...) e o acoso escolar.

Por último neste terceiro trimestre o PAT centrouse na Educación para a saúde, onde formulamos unha nova situación derivada da Covid, ou do fin dela, como é o chamado “síndrome da cara baleira”.

A raíz desta pandemia que nos tocou vivir, tanto no colexio, como vós nas casas, tivemos que adaptar a nosa realidade do día a día ás limitacións que nos impuxo, e agora que por fin parece que se ve o final do túnel, temos que traballar as “secuelas” que nos deixou a todos e todas.

Finalizamos este curso asumindo e adaptándonos á nova normalidade, esperando ser capaces de potenciar as cousas positivas que nos deixou a pandemia e mitigar definitivamente as negativas. Dende o departamento de Orientación seguiremos traballando a reo, con novos retos, novas normativas as que nos teremos que adaptar e seguramente algunha nova dificultade que entre todos trataremos de superar.

Aproveitaremos este verán para recargar pilas e ideas e esperemos que vos tamén o fagades, xa que foi un curso longo, distinto e difícil.

Vémonos o curso que ven!

 

Bea, Patri e Paula (as do Departamento de Orientación).

contacto