• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


Benqueridas Familias,

O próximo sábado 17 teremos a tradicional convivencia do día das familias en Begonte.

Este ano retomamos a súa data habitual de comezos de setembro.

É un día de alegría, de encontro e de descanso, pero sobre todo de convivencia e irmandade entre todos os membros que formamos parte da Comunidade Educativo-Pastoral de Salesianos Lugo.

O horario previsto é o seguinte:

11:30 – 12:30h. Acollida

12:30 – 13:30h. celebración da Eucaristía

13:30h. comida (cada familia levará a súa) e seguidamente xogos, actividades e cancións para pequenos e maiores. A ANPA convidará á sobremesa.

Remataremos ás 18:00h cun pequeno xesto final. O desprazamento corre por conta de cada familia.

Para anotarvos a esta actividade debedes facelo a través do seguinte formulario: https://forms.gle/UTm4KNEogtBsyb2e6

En caso de choiva as actividades realizaranse nas instalacións do colexio.

Un saúdo

O próximo luns 12 comezaremos o reparto dos libros da ESO.

Nun primeiro momento anunciamos o reparto unicamente de 2º e 4º xa que non dispoñíamos dos libros de 1º e 3º.

Logo de recibir un primeiro pedido, poderemos repartir tamén os lotes á maioría do alumnado de 1º e 3º (O alumnado ó que non puidemos completarlle os libros, foi debidamente avisado e entregaráselle en canto cheguen os libros que faltan).

Polo tanto o reparto dos libros do fondo de toda a ESO serán:

  • Luns 12 de 9:30 a 12:00 e de 16 a 17*
  • Martes 16 a 17*
  • Mércores 16 a 17*

* É importante respectar este horario de entrega xa que estes días se están realizando as reunións de comezo de curso dos diferentes grupos. En caso de non poder asistir estes días nos horarios establecidos, os libros poderanse recoller polas tardes á partir do día 19.

CAMPAÑA PASTORAL 22-23 ABRIMOS CAMIÑOS

 

Benvidos e benvidas a este novo curso. Este ano comezamos camiñando xuntos e

“ABRIMOS CAMIÑOS”, imos facernos expertos nos camiños da vida.

Abrimos camiños para medrar como persoas, para fortalecer as nosas comunidades e para atoparnos co Deus de todos os camiños.

*Abrimos camiños cara a dentro nun inesperado descubrimento que crea sorpresas e

regala ledicias. Este encontro cun mesmo hase realizar tendo por base o optimismo e a esperanza.

Todo é posible no agasallo que se nos entrega cada día.

*Abrimos camiños cara aos demais co compromiso de construír fraternidade. Intuímos

que este mundo desconcertante decántase por favorecer tempos, espazos e persoas

que axuden a convivir como grupo, como Comunidade Educativa, como quen intúe que hai que seguir soñando...

*Abrimos camiños cara a Deus compartindo a experiencia de sentirnos chamados a

vivir a gratuidade, a celebrar que somos queridos por Deus, a orar ao Pai con todos os irmáns que camiñan, unidos da man.

Sinalamos estes tres aspectos a traballar transversalmente durante todo o curso.

Se abrimos camiños, viranos á mente aquilo de “eu son o camiño e a verdade e a vida” (Jn 14,6). ç

É hora de constatar que o camiño, a verdade e a vida son a mesma realidade,

que o camiño nos fai, que a verdade mora no centro da vida e que a vida é sempre camiño. Xa dicía a canción que “a meta é estar en camiño”.

O curso 2022-2023 chámanos a descubrir a nosa realidade de camiñantes, de

peregrinos.

 

ABRIMOS CAMIÑOS, porque vivimos, porque a vida, en todas as súas

dimensións, é un camiño. Sempre en camiño!

 

 

Achegamos esta información sobre o comezo de curso que seguro é do voso interese:

https://drive.google.com/file/d/1jgHbnx-RpE47A1ciDG4GgQFH-A3JAC9Y/view?usp=sharing

Xa tedes dispoñible a escola de familias do mes de xuño: PECHAMOS UN CURSO MÁIS. Esperamos coma sempre que sexa do voso interese.

contacto