Un curso máis comeza o proceso de admisión do alumnado. Desde o noso centro queremos dar a benvida a todos aqueles que, dun xeito ou doutro, estades interesados en coñecer o noso centro e, sobre todo, a nosa proposta educativa. Ademais da información que atopedes na nosa páxina web non teñades dúbida en pasar polo centro e falar persoalmente con nós. Seredes ben acollidos.

Se facedes click neste vínculo accederedes á páxina da Xunta na que poderedes descargar a lexislación que afecta ao proceso de admisión de alumnado e os anexos que hai que cubrir para realizar todo o proceso.

Nesta mesma web poderedes atopar os documentos e a lexislación necesaria para facilitarvos a reserva de praza.

Na sección da páxina web A NOSA ESCOLA poden atopar o noso Proxecto Educativo e Ideario (ver Carácter propio) e a Programación Xeral Anual na que atoparán a nosa oferta educativa (todos os niveis concertados), as actividades e servizos ofertados, os horarios do centro e da xornada escolar entre outras informacións de interese.

 

O criterio complementario do noso centro é o seguinte: «Ser fillo ou filla, irmán ou irmá, neto ou neta dun antigo alumno do noso centro ou de calquera colexio salesiano».

As datas para este proceso son as seguintes:

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA

(exclusivo para o alumnado procedente dos centros adscritos)

Solicitude de reserva de praza no centro de adscrición mediante a presentación do Anexo I (modelo ED550A) no centro de orixe: 1-15 de febreiro, ambos os dous incluídos.

Data do sorteo público de letra de prioridade dos apelidos a efectos de desempate: última semana de febreiro.

Publicación de postos escolares vacantes: última semana de febreiro.

 

2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN

(para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos) (tamén para alumnado procedente dos centros adscritos que non solicitaran a reserva do 1 ao 15 de febreiro)

Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 25 de marzo ao 5 de abril, ambos os dous incluídos.

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

 

3ª FASE: MATRÍCULA

Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño - 1 de xullo (por ser o 30 de xuño día inhábil).

Formalización da matrícula en ESO: 25 de xuño-10 de xullo.

Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO: 1-10 de setembro.