• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


LEMA CAMPAÑA PASTORAL CURSO 21-22

 

"APAIXONADOS POLA VIDA" 

 

 

 

A Campaña Pastoral do curso 2021-2022 quere poñer o foco na Vida. Despois dun tempo incerto, onde as nosas vidas se puxeron patas arriba,

queremos aproveitar este curso para recuperar a paixón pola nosa vida, potenciando todas as súas posibilidades e coidando o tesouro que supón cada novo día.

Este tempo novo que estamos vivindo e o modo de situalo na nosa vida sigue exixíndonos unha reflexión persoal e social de todo o que somos e facemos.

A nosa Campaña non só evita evadirse desta situación, senón que busca aproveitala coma unha oportunidade para valorar, coidar e potenciar a nosa VIDA.

Desde estas premisas, a Campaña quere desenvolver tres grandes núcleos.

O encontro, o cuidado e a esperanza serán as tres claves de interpretación e lectura, as cales iremos descubrindo e afondando conforme avance o curso.

Os obxectivos xerais que traballaremos son:

1. Valorar e agradecer a vida, tanto a propia como a de quen nos rodea: familiares, amigos, educadores, compañeiros...), como gran agasallo dun Deus que nos ama sen medida.

2. Ofrecer canles para potenciar as relacións cos demais, construíndo comunidades que saen ao encontro de todos, especialmente dos que máis sofren.

3. Educar en actitudes que favorezan o coidado en todas as súas dimensións: persoal, pastoral, vocacional, do entorno e da “casa común”, da identidade carismática.

4. Cultivar o mundo interior das persoas, alentando a esperanza que agroma da fe en Deus e o amor para o próximo.

 

Dende o Equipo de Pastoral desexámosvos un feliz curso. Que vivamos apaixonados pola VIDA!

 

 

 

 

 

contacto