• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


 

 

 

O Colexio “Divina Pastora” é un centro privado concertado. O seu titular é a Congregación Salesiana, popularmente coñecida como “Salesianos”. Foi fundado polas Nais Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor. No curso 1988-89 pasou aos Salesianos.

 

O centro posúe carácter propio e ideario católico baseado no sistema educativo herdeiro de San Xoán Bosco, chamado “Sistema Preventivo”, e que está fundamentado na Razón, a Relixión e a Amabilidade. Estas características veñen recollidas no documento Proposta Educativa das Escolas Salesianas, que define o Ideario ou Carácter propio da Escola Salesiana.

 

Actualmente impártese Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria en réxime de Concerto.

 

Para garantir un ensino de calidade e un proceso de xestión rigoroso contamos co certificado de calidade ISO 9001-2008 desde hai máis dunha década.

 

Entre as instalacións do centro cabe sinalar, aulas ordinarias dotadas todas elas con encerados interactivos dixitais, sala de audiovisuais e sala de música ben dotadas, biblioteca, laboratorio, aula de informática con 30 postos, aula de plástica, aula de tecnoloxía, ximnasio, comedor, salón de actos con 300 prazas, etc.

 

Impártese Inglés desde os 3 anos, presta servizos complementa­rios, como gardería (desde unha hora e media antes de iniciar as clases da mañá), comedor e seguro de accidentes.

 

A acción educativa compleméntase cunha ampla oferta de actividades complementarias, extraescolares, deportivas e de tempo libre. A educación deportiva e de tempo libre lévase a cabo desde o Club deportivo e desde o Centro Xuvenil Salesiano “Ateibo”, que conta con instalacións e animadores que levan a cabo un valioso e completo proxecto de actividades de tempo libre fóra do horario escolar, durante a fin de semana e durante o verán e os tempos de vacacións a través dos campamentos das chamadas “Mañás de…” Nadal, verán… que pretenden axudar ás familias a conciliar a vida familiar e o traballo.

 

Entre todos tratamos de levar a cabo unha educación en valores, como a acollida, a solidariedade, o traballo, a cultura, o esforzo, a proximidade entre profesorado e alumnado, a paz, o civismo, a ledicia, etc. Pretendemos que todos se atopen como na casa, e que a educación recibida sexa integral, de cara a educar “honrados cidadáns e bos cristiáns”, como pretendía Don Bosco, fundador dos Salesianos.

contacto