• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


 

A Constitución do 1978, ao recoñecer os nosos dereitos autonómicos como nacionalidade histórica, fixo posible a posta en marcha dun esforzo construtivo encamiñado á plena recuperación da nosa personalidade colectiva e da súa potencialidade creadora.

Un dos factores fundamentais desta recuperación é a lingua, por ser o núcleo vital da nosa identidade. A lingua é a maior e mais orixinal creación colectiva dos galegos, é a verdadeira forza espiritual que lle dá unidade interna á nosa comunidade.

De acordo co establecido no artigo 3 da Constitución e no 5 do noso Estatuto de Autonomía asegúrase a normalización do galego como lingua propia do noso pobo. Posteriormente o Parlamento de Galicia aproba a lei 3/1983, do 15 de Xuño, de Normalización Lingüística.

O obxectivo fundamental deste plan de normalización será que o galego sexa a lingua vehicular do ensino e que asemade sexa a lingua de toda a comunidade escolar educativa.

Hai que ter en conta que a normalización da nosa lingua non é “algo” dos representantes do EDLG, non atinxe só ao profesorado da especialidade de Lingua e Literatura Galega, senón que canto meirande sexa o colectivo implicado, moito mellor. De aí a necesidade de concienciación da problemática por parte de todos nós (profesores, pais, alumnos e alumnas...)

 

COMPOSICIÓN DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

 

O EDLG do Colexio Salesiano Divina Pastora de Lugo, neste curso 2021-2022, renova parte da composición dos seus membros. Quedando constituído por:

 

Coordinadora

  • María del Pilar Díaz Pérez (ESO)

Representantes de Profesores

  • Susana Coego García (EI)

  • Mónica López Pérez (ESO)

Profesores Colaboradores

  • Mercedes Roca Ramil (EP)

  • Eduardo Álvarez González (EP)
  • Inmaculada Fernández Penelas (EP)

  • Álvaro Muñoz Sobrino (ESO)
  • Rubén Barrios Trigo (EP)

  • Luis Santamarina Amenedo (EP/ESO)

  • Alba Simón Ferrero (EP)

  • Eugenio García Mata (ESO)

Representantes de Alumnos/as

  • Enma Piñeiro Rodríguez

  • Arón Rodríguez Vázquez

Persoal de Administración e Servizos

  • José María Fernández

 

 

O proxecto que imos presentar está recollido na nosa programación anual de actividades tendo en conta o Plan Lingüístico do centro.

 

 

 

OBXECTIVOS PARA O CURSO 2020-2021.

 

Obxectivos específicos

Con respecto ó alumnado:

  • Potenciar a difusión da cultura galega e promover o uso da nosa lingua como medio de comunicación habitual por medio das actividades complementarias.

  • Dinamizar o uso da lingua galega por medio de expresións culturais e artísticas.

  • Promover entre o alumnado o uso normativo da nosa lingua.

  • Promover o uso da lingua galega na decoración e ambientación do centro durante as diferentes campañas, así como na obtención de recursos do mesmo.

  • Participar en diversos certames promovidos por diferentes institucións a prol da lingua e cultura galega.

  • Implicar ao alumnado en actividades relacionadas coas TIC en galego.

 

Con respecto ós docentes:

  • Dinamizar o uso da lingua galega por medio de expresións culturais e artísticas e nos diferentes blogues dos ciclos ou mestres

  • Informar ao profesorado sobre os distintos cursos formativos para a actualización e perfeccionamento do galego.

  • Incrementar o uso do galego na relación cos compañeiros, alumnado e pais.

  • Facilitar recursos TIC en galego para a práctica docente.

  • Garantir o cumprimento do horario lectivo das materias que legalmente deben impartirse en galego tanto en E.P. como na E.S.O.

  • Dinamizar un festival con ampla presenza da lingua galega (actuacións, presentacións, playbacks....)

  • Dinamizar o uso da lingua galega nas actividades educativo-pastorais (bos días, celebracións, campañas solidarias...)

  • Ofertar cursos formativos e de perfeccionamento da lingua galega.

 

Con respecto ás familias:

  • Promover a participación das familias como dinamizadoras da lingua e cultura galega.

  • Transmitir información por medio da páxina web e outras plataformas TIC usando o idioma galego.

 

 

contacto