• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


 A nosa escola “Divina Pastora” é unha das múltiples ofertas, que na nosa plural sociedade ofrece a Congregación Salesiana á cidade de Lugo. Como calquera escola a nosa razón de ser vén xustificada polos nosos trazos propios, pola nosa proposta educativa que nos distingue do resto.

 Cremos que neste século segue a ter sentido a proposta educativa da nosa escola, pois son moitas as familias que seguen a confiar en nós en Lugo, en España e en todo o mundo. A nosa escola, privada e sostida con fondos públicos, ofrece unha proposta que ten unha larga e probada tradición.

 Misión, visión e valores

 A misión da escola salesiana radica na súa capacidade de ser unha escola:

  • católica, aberta a todos, sobre todo aos máis pobres e necesitados,

  • fundamentada sobre os valores do evanxeo,

  • fiel á misión encomendada por Deus á comunidade eclesial,

  • en diálogo coa realidade multicultural e multirrelixiosa do seu contorno,

  • quen de ofrecer formación integral á persoa na perspectiva do honesto cidadán/a e bo cristián/á (axudando a: descubrir e potenciar as súas capacidades físicas, afectivas e intelectuais; a desenvolver a súa dimensión socio-política e o seu sentido ético e trascendente e a descubrir o seu propio proxecto de vida como elemento de autorrealización),

  • como servizo cualificado á sociedade.

 

Consideramos que a escola salesiana debe manifestarse (visión) como lugar e ambiente onde:

  • se comparte un enfoque común da vida e da educación no contexto europeo,

  • se adopta o estilo preventivo de Don Bosco e de María Mazzarello,

  • se promove un ambiente educativo positivo e creativo onde se pode facer experiencia de valores humanos e cristiáns,

  • se colabora na construción dunha Europa aberta e solidaria.

 

A escola salesiana esfórzase en ser espazo onde se experimentan algúns valores que dan corpo á nosa oferta educativa como son:

  • a apertura a Deus como fonte da verdadeira humanización da persoa,

  • a confianza nos mozos que están no corazón do proxecto educativo salesiano e son os protagonistas do seu futuro,

  • o respecto da vida como don recibido e como fonte de compromiso e de responsabilidade,

  • a acollida incondicional da persoa, o apoio positivo e o acompañamento na construción dun proxecto de vida máis humano,

  • a personalización das relacións cunha atención particular á diversidade de cada persoa e de cada cultura;

  • a construción dun mundo máis solidario, xusto e pacífico mediante unha acción decidida de confrontación con todas as pobrezas, o diálogo intercultural e a cidadanía responsable,

  • o traballo como fonte de educación, de realización das persoas e de mellora permanente da calidade de vida persoal e social.

 

Unha escola cun estilo propio: o estilo salesiano

O estilo que anima o Proxecto Educativo-Pastoral Salesiano é o propio do carisma salesiano. Este estilo caracterízase por:

  • O criterio "preventivo" polo cal facemos propostas de experiencias positivas de vida, axudándolles a superar situacións difíciles e a vivir en plenitude as súas aspiracións.

  • O ambiente educativo caracterizado polo protagonismo dos destinatarios, o espírito de familia, o traballo diario, a invitación á creatividade o clima de alegría e de festa;

  • A relación educativa persoal que favorece o encontro persoal con cada alumno e que se traduce en capacidade de acollida, diálogo, confianza e simpatía cara ao seu mundo;

  • A presenza-“asistencia” animadora dos educadores entre os nenos e mozos;

  • A oferta dunha experiencia de fe que se caracteriza polo encontro con Deus na vida diaria, a celebración da fe, a devoción a María Auxiliadora, o sentido de Igrexa e as propostas de compromiso cristián.

  • O valor que se concede aos seguintes tres alicerces na construción das persoas: a razón (entendida como cultivo do espírito crítico, invitación á lectura profunda e esperanzada da realidade, construción dun sistema de valores firme), o amor (a acolleita incondicional, a preocupación polo outro como persoa e non só como alumno, o valor educativo do diálogo, a atención preferencial aos que se atopan menos integrados) e a relixión (entendida hoxe, sobre todo nunha escola aberta e acolledora, como apertura á dimensión trascendente da persoa e preocupación por experiencias e ámbitos nos que o espiritual ten a súa relevancia).

 

Unha escola a tempo completo

A nosa opción pola formación integral implica unha concepción de escola que vai máis aló dos límites do horario escolar. Completamos a nosa oferta educativa cunha ampla gama de actividades que converten á Escola Salesiana nun “servizo a tempo pleno”. Entre estas iniciativas podemos destacar, ademais das actividades extraescolares ou o deporte, as moitas iniciativas do Centro Xuvenil Ateibo, as campañas de sensibilización promovidas dende a Fundación JuanSoñador ou en colaboración coa Parroquia da Milagrosa.

 

E ademais...

A nosa escola é popular, polo clima educativo que crea e porque dá preferencia aos ámbitos e mozos máis necesitados; libre e aberta, porque acolle, desde o seu carisma propio e a súa identidade declarada, a cantos están dispostos a emprender un camiño de maduración persoal connosco, máis aló de crenzas e ideoloxías; e comprometida co mundo, porque promove a xustiza e o dereito a unha vida máis digna para todas e todos.

Proposta educativa das escolas salesianas: Descargar

 

contacto