• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


Hoxe rematamos o trimestre facendo entrega  dos  alimentos que fomos recadando ao longo do mes de decembro. Con esta achega, intentamos aportar unha pequena axuda para que estas datas sexan un pouco máis levadeiras para moitas familias do noso barrio.

Para levar a cabo esta entrega quixemos estar presentes todo o alumnado, profesorado, membros da comunidade salesiana e familias do noso alumnado. Tamén nos acompañou un representante da parroquia ao que, ademais de facerlle entrega dos alimentos compartimos con el, e a través del coa parroquia,  a Luz de Belén.

Desde aquí queremos darlles as grazas a todos aqueles que ao longo deste trimestre colaborastes na nosa campaña da Despensa Solidaria. Moitas grazas!

 

  

contacto