• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


Achéganse as vacacións de Nadal, e iso conleva, ademais de celebracións familiares, os regalos dos Reis e de Papá Noel… Para darlle aos nosos fillos e fillas os xoguetes adecuados temos un papel fudamental, xa que a través dos xogos, nenas e nenos van formando a súa personalidade. Xogando aprenden diferentes tipos de conduta, comportamentos, a relacionarse cos demais…

Estes xogos e xoguetes son parte fundamental da infancia e con eles aprenden a coñecer o mundo e interpretalo dende a súa mirada. En moitos casos, non elixen a que xogar, sobre todo canto máis maiores son, xa que están influenciados pola sociedade, ao que xogan os seus compañeiros e compañeiras, o que ven na tele, nas redes sociais ou plataformas dixitais. Claro está que o máis importante dos xoguetes é que sexan divertidos e seguros, favorezan a participación e a imaxinación, pero hai que ter en conta que os xoguetes inculcan valores, crenzas, ideas, que ofertan modelos a seguir e eviten a asociación exclusiva de xoguetes que reproduzan roles.

 

Hoxe en día estes roles están desfasados, as familias debemos normalizar que nenas e nenos xoguen con todo tipo de xoguetes e a calquera xogo, deste xeito estamos axudándolles a que aprendan máis cousas, a que desenvolvan máis habilidades e, o que é máis importante… estamos contribuíndo a unha sociedade igualitaria, e en definitiva, mellor.

Cada día avanzamos máis como sociedade por iso a partir do 1 de decembro aplicarase o código deontolóxico sobre a publicidade sexista. A publicidade terá que que ser mixta evitando que na TV se poida ver bonecas en brazos de nenas ou estas xogando as cociniñas. Estes anuncios deberán evitar sesgos e roles de xénero como o cuidado, traballo doméstio ou beleza para elas e a acción, a actividade física ou a tecnoloxía para eles. Tampouco asociarán as cores ( o rosa para as nenas e o azul para os nenos). Tratarán o uso dunha linguaxe inclusiva, presentar modelos positivos a seguir e estimular o consumo responsable, saudable e sostible.

A parte destas accións, nos como familia podemos concienciar aos nosos fillos e fillas neste sentido. Non existen xoguetes ou xogos que so sean de uso masculino ou feminino, este atributo dallo a sociedade, o xoguete en sí carece de xénero. Dada a época do ano na que nos atopamos e coñecendo a importancia dos xogos e xoguetes na infancia, poñémosvos un decálogo do bo xoguete:

(extraídos da Guía de Rebolledo e da Guía de Letosa Albero y otros)

● Que sexa apropiado para cada idade e situación.

● Que poidan xogar con el nenas e nenos indistintamente e que non exclúa a ninguén.

● Que evite a transmisión de estereotipos sexistas e non potencie la violencia.

● Que facilite poder xogar con outras persoas, e que fomente as relacións entre iguais.

● Que favoreza a axuda entre iguais e non a rivalidade nin a competitividade.

● Que sexa divertido, motivador e que desperte o desexo de xogar.

● Que desenvolva a imaxinación e a creatividade.

● Que estimule a súa curiosidade, o seu interese por investigar e que lle permita descubrir novas posibilidades no xogo.

● Que potencie a capacidade de pensar e a resolución de problemas.

● Que as persoas adultas respecten o uso libre que os nenos e nenas fagan do seu xoguete (aínda que non fora deseñado específicamente para eso).

En definitiva o xoguete ideal será o que favoreza a empatía, a sociabilidade, a creatividade, o desenvolvemento físico e non se asocie a nin gún rol nin xénero.

contacto