Con este artigo damos a benvida a un novo curso escolar, no que esperamos seguir abrindo camiños todos xuntos. Como todo camiño estamos seguras que nos atoparemos con paisaxes e situacións moi bonitas e outras que non o son tanto pero, todas forman parte da vida e do aprendizaxe.
Seguramente estes días están sendo días de volver a instaurar rutinas, hábitos e volver pouco a pouco á normalidade despois do período de vacacións adaptándonos a un novo curso ou a unha nova etapa educativa. Este proceso require tempo, paciencia, comprensión…. entre outras cousas; por iso cremos que este primeiro artigo ten que estar adicado á Disciplina Positiva e esperamos que vos sirva de axuda.
Que é a disciplina positiva?
É un método que ten como principio que todos e todas os nenos e nenas teñen potencial para desenvolvese de forma positiva.
Céntrase en axudar aos nosos/as fillo/as dende a firmeza e o respecto; busca que se desenvolvan coma persoas respectuosas con eles/as mesmos/as, responsables e con recursos suficiente para conseguir as metas na sociedade na que viven.
Actuacións que a fomentan:
-Ponte no lugar do teu fillo ou filla, empatiza coas razóns polas que os nenos/as fan o que fan.
-Axúdao/a a pensar, a razoar e a decidir o seu comportamento de forma racional, non so emocional.
- Actúa coma exemplo para el ou ela. Os nenos/as aprenden moito máis do que ven que do que escoitan.
- Establece os obxectivos de conduta que queremos lograr, involucrando ao neno/a e consensuando un plan para conseguilo.
- Sé firme nas túas decisións, límites e normas; pero con amabilidade.
- Debemos cambiar o enfoque de cara adentrarse nas solucións e non nos problemas.
- Crea situacións que propicien que o neno/a desenvolva a súa autonomía.
- Rifa e sanciona si é necesario pero, sempre dende o respecto e sen medos.
Cales son os seus beneficios?
Para os nenos/as son os seguintes:
-Aumentar a súa autoestima; que se sinta valorado/a e importante.
-Permítelle desenvolver o seu autocontrol.
-Facilita a aprendizaxe de normas, rutinas, habilidades...
- A hora de adquirir valores positivos cara aos demais.
Estes son algúns dos seus beneficios cara aos nenos/as pero para as familias tamén produce beneficios a curto e longo prazo:
-Redúcense as situacións de estrés.
-Maior capacidade para comprender e polo tanto para manexar as situacións que se presentan.
-Maior confianza nos nosos/as fillos/as e en nós mesmos/as.
-Maior satisfacción como pai ou nai.
Este é un camiño a recorrer a longo prazo que require de paciencia, oportunidades....pero que unha vez chegados a meta resulta reconfortante mirar atrás e ver o logrado de maneira conxunta cos nosos/as fillos/as.