• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


CAMPAÑA PASTORAL 22-23 ABRIMOS CAMIÑOS

 

Benvidos e benvidas a este novo curso. Este ano comezamos camiñando xuntos e

“ABRIMOS CAMIÑOS”, imos facernos expertos nos camiños da vida.

Abrimos camiños para medrar como persoas, para fortalecer as nosas comunidades e para atoparnos co Deus de todos os camiños.

*Abrimos camiños cara a dentro nun inesperado descubrimento que crea sorpresas e

regala ledicias. Este encontro cun mesmo hase realizar tendo por base o optimismo e a esperanza.

Todo é posible no agasallo que se nos entrega cada día.

*Abrimos camiños cara aos demais co compromiso de construír fraternidade. Intuímos

que este mundo desconcertante decántase por favorecer tempos, espazos e persoas

que axuden a convivir como grupo, como Comunidade Educativa, como quen intúe que hai que seguir soñando...

*Abrimos camiños cara a Deus compartindo a experiencia de sentirnos chamados a

vivir a gratuidade, a celebrar que somos queridos por Deus, a orar ao Pai con todos os irmáns que camiñan, unidos da man.

Sinalamos estes tres aspectos a traballar transversalmente durante todo o curso.

Se abrimos camiños, viranos á mente aquilo de “eu son o camiño e a verdade e a vida” (Jn 14,6). ç

É hora de constatar que o camiño, a verdade e a vida son a mesma realidade,

que o camiño nos fai, que a verdade mora no centro da vida e que a vida é sempre camiño. Xa dicía a canción que “a meta é estar en camiño”.

O curso 2022-2023 chámanos a descubrir a nosa realidade de camiñantes, de

peregrinos.

 

ABRIMOS CAMIÑOS, porque vivimos, porque a vida, en todas as súas

dimensións, é un camiño. Sempre en camiño!

 

 

contacto