• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


FONDO DE LIBROS, AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

CURSO ESCOLAR 2022-23

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

(código de procedemento ED330B). (Diario Oficial de Galicia do 18 de maio de 2022)

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Requisitos:

  • Ter una renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €.
  • Ter una renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €.
  • Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

Prazo: Do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022.

Solicitudes: Educación Primaria e Educación Secundaria.

 

* A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2022/23, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso.

Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, na que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2022/23.

No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2022/23, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2021/22.

 

DATAS A TER EN CONTA:

19 de maio: comezo do prazo para presentar solicitudes

22 de xuño: data límite de presentación de solicitudes.

11 de xullo: data límite para a publicación das listaxes provisionais.

22 de xullo: data límite para a publicación das listaxes definitivas (EP e ESO)

A entrega de libros de Primaria e Secundaria serán o primeiro día de clase de setembro pola tarde.

 

contacto