Regresamos das vacacións de Nadal moi ledos/as e con gañas de reencontrarnos para contar as nosas experiencias.

Chegamos ao final da primeira semana "todos xuntos/as" e iso fainos felices, pois quere dicir que estamos actuando con sentidiño e que no cole nos sentimos seguros.

Como cada venres, ao finalizar case a xornada escolar, realizamos unha das nosas actividades máis esperadas que é o  MOMENTO MANDALA, unha actividade moi beneficiosa pois nos axuda a concentrarnos, a relaxarnos e a expresar as nosas emocións. É un momento de tranquilidade, de relaxación e de paciencia no que se estimula a nosa creatividade e no que aprendemos a vivir o momento presente.

O noso desexo é o de seguir coidándonos día a día e así disfrutar do cole para chegar ao final deste segundo trimestre todos xuntos.