CURSO ESCOLAR 2020-21
Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21 (código procedemento ED330B). (Diario Oficial de Galicia do 19 de maio de 2020)
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
-
Requisitos:
-
Ter una renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €.
-
Ter una renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €. (Só para fondo libros e axuda a libros )
-
Prazo: Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020.
-
Solicitudes: Educación Primaria e Educación Secundaria.
-
A solicitude será única para todos os fillos e tipos de axuda.
-
Presentar o anexo I preferiblemente por vía electrónica: en https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ou na sede electrónica https://www.sede.xunta.gal.
PRAZOS
19 de xuño: data límite de presentación de solicitudes.
10 de xullo: data límite para a publicación das listaxes provisionais.
20 de xullo: data límite para a publicación das listaxes definitivas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
14 de setembro: data límite para a publicación das listaxes definitivas de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
-
A entrega de libros de Primaria será o primeiro día de clase de setembro pola tarde, sempre que as circunstancias sanitarias o permitan.
-
A entrega de libros de ESO será a partires do primeiro día de clase; entre o 16 e o 25 de setembro de 2020.
Óscar Bartolomé Fernández
Director