• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


RETOMAMOS O 3º TRIMESTRE

Lugo, 13 de abril de 2020

Benqueridas familias,

Póñome de novo en contacto con vós, desexando que sigades ben, para informar dos datos que temos para comezar este 3º trimestre.

Hoxe publicouse o seguinte comunicado na páxina web da Consellería de Educación:

Comunicado do 13 de abril de 2020, dirixido ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre as medidas a adoptar en relación co inicio do terceiro trimestre (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30809)

Lun, 13/04/2020 - 18:17

«Con motivo do mantemento da situación de emerxencia de saúde pública causada polo COVID-19, e conseguinte suspensión da actividade lectiva presencial desde o pasado 13 de marzo,  unha vez rematadas as vacacións de semana santa e coa finalidade que os centros educativos poidan iniciar a organización da súa actividade neste terceiro trimestre:

1.- A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Así mesmo, os centros educativos avaliarán as medidas a adoptar para a atención ao seu alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto. 

2.- Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan».

 

Polo tanto,

  1. Esperaremos a esta reunión do mércores para ver como temos que proceder e poder organizar o traballo para o alumnado. Cando estea listo enviarémolo.

  2. No centro, de momento, seguiremos atendendo telefonicamente de 10.00 a 13.00 horas.

Recibide un cordial saúdo.

Atentamente,

 

Óscar Bartolomé Fernández

Director

contacto