• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


INFORMACIÓN SOBRE A 2ª AVALIACIÓN

 

 

Lugo, 30 de marzo de 2020

Benqueridas familias,

 

Póñome de novo en contacto con todas e todos vós, desexando que sigades ben, para informar do procedemento que seguiremos para pechar a segunda avaliación.

 

O venres tarde recibín un correo da Consellería de Educación que dicía:

Achegamos as instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario, sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre:”

Logo explicaba as medidas tomadas tanto pola OMS, como polo goberno de España e polo da comunidade autónoma desde o día 11 de marzo de 2020 e remataba indicándonos o seguinte:

En virtude das disposicións anteriores dítanse as seguintes instrucións:

  1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.

  2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data”.

 

 

Polo tanto,

  1. Tal como nos indican desde a Consellería de Educación pecharemos a segunda avaliación coas notas que tiñamos ata o día 13 de marzo.

  2. A entrega de notas será por medio da plataforma. Abrirase para todos o venres 3 de abril ás 11.00 horas. Os que aínda non solicitaron os contrasinais para acceder á plataforma poderán facelo. Igualmente indicaremos na web do centro que xa están dispoñibles as notas da segunda avaliación e poderán consultarse por medio da plataforma educativa e, excepcionalmente, a xente que o precise poderá chamar ao centro o mesmo venres de 11.00 a 13.00 horas e o luns e o martes, 6 e 7 de abril, de 10.00 a 13.00 horas para que se lle comuniquen as notas telefonicamente.

  3. Pasadas as “vacacións de Semana Santa”, e probablemente seguindo en estado de alerta, seguiremos enviando tarefas e recomendacións para traballar na casa. Respecto á terceira avaliación, esperaremos a recibir as instrucións escritas por parte da Consellería de Educación para tomar as decisións pertinentes e organizar o último trimestre do curso.

 

Recibide un cordial saúdo.

 

Atentamente,

 

 

 

 

Óscar Bartolomé Fernández

Director

contacto