Como cada ano, p pasado día 31 de xaneiro celebramos no noso colexio a festa do noso fundador, San Xoán Bosco. Tivemos múltiples actividades nas diferentes etapas: celebracións relixiosas, xogos en equipos, actividades cooperativas para coñecer máis a vida de Don Bosco, e festivais teatrais e musicais para amenizar a xornada.

Aquí podedes ver unha mostra do Festival de Playback de Don Bosco da ESO sobre música dos 80 e os 90 e das celebracións dos festivais de infantil e primaria.