Á atención das familias do noso alumnado.

Lugo, 27 de xaneiro de 2020.

Benqueridas familias:

Recordámosvos que o día 31, venres, celebramos a festividade de San Xoán Bosco, o noso patrón. Tede en conta a seguinte información:

  • Non é necesario traer libros nin material escolar, porque o día ten un carácter lúdico-festivo.

  • Arredor de media mañá haberá unha degustación para todo alumnado.

  • As horas de entrada e saída non varían, son como un venres máis.

  • GARDERÍA e COMEDOR: Horario habitual.

  • ACTIVIDADES DEPORTIVAS E EXTRAESCOLARES manteranse no mesmo horario.

 

FESTIVAIS SOLIDARIOS: Este ano terán lugar como se indica:

  • DÍA 3 de febreiro, luns, ás 19.00 horas. VELADA DE ESO. (Auditorio Gustavo Freire). Os rapaces que actúan deben estar alí ás 18.45 h. Ao finalizar a actuación de cada curso o alumnado volverá ao seu sitio. A saída do alumnado do Auditorio será aproximadamente ás 20.30 horas cando finalice o festival. No caso de que algún alumno/a teña que saír antes do final do festival, deberá xustificalo debidamente ao titor/a polos canles habituais antes do luns 3 de febreiro ás 14.00 horas.

  • DÍA 4 de febreiro, martes, ás 19.00 horas. VELADA DE EDUCACIÓN PRIMARIA (2º, 4º, 5º EP). (Auditorio Gustavo Freire). Os rapaces que actúan deben estar alí ás 18.45 h. Os nenos saíran ao remate da actuación e entregaranse ás familias no vestíbulo do auditorio. No caso de que algún alumno/a teña que saír antes do final do festival, deberá xustificalo debidamente ao titor/a polos canles habituais antes do martes 4 de febreiro ás 14.00 horas.

  • DÍA 5 de febreiro, mércores, ás 19.00 horas. VELADA de EDUCACIÓN INFANTIL: (6º A e 6º B INFANTIL). (Salón de actos do colexio). Os rapaces que actúan deben estar no colexio ás 18.45 h. Por seguridade e para evitar incomodidades pregamos se absteñan de traer carros ao salón de actos do colexio no festival de Infantil.

 

PARA A RETIRADA DAS ENTRADAS TEDE EN CONTA O SEGUINTE:

  • Soamente se poderán retirar en portería, a partir do mércores 29 de xaneiro ata as 10.00 horas do día da actuación. En Educación Infantil repartiranse 5 entradas por alumno/a; en Primaria 5 entradas por alumno/a e 3 por alumno/a que actúe en ESO. Rematado o prazo poderán adquirir máis entradas, sempre que haxa dispoñibles, no mesmo auditorio municipal o día da actuación.

  • Os festivais teñen unha finalidade benéfica, polo que se pide un donativo (2€). As persoas que desexen colaborar e non poidan asistir á velada, poden facer igualmente un donativo. A recadación destinarase integramente aos seguintes proxectos:

  1. Misións Salesianas de Ecuador.

  2. Proxecto “Ningún neno e nena sen verán” da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.

 

Agradecemos de antemán a vosa colaboración nesta iniciativa, sabendo do carácter solidario das familias da noso alumnado. Moitas grazas.

 

 

Óscar Bartolomé Fernández

Director