Neste mes de xaneiro, tan importante para toda a familia salesiana, e aproveitando o lema do aguinaldo do Reitor Maior deste ano “Bos cristiáns e honrados cidadáns”, na etapa de educación primaria tivemos uns bos días moi pero que moi especiais.

A parte de “bos cristiáns” levouna a cabo Txetxu Villota, delegado de Pastoral xuvenil da nosa inspectoría SSM, que nos deu uns conselliños para ser mellores persoas e ser máis amigos de Xesús.

A outra parte do aguinaldo”honrados cidadáns” correu a cargo de Lara Méndez, a nosa alcaldesa, onde nos falou de valores de civismo e convivencia.

 

Damos as grazas a Lara e a Txetxu por aceptar a nosa invitación.

Desexámosvos a todos e todas un bo mes de DON BOSCO.