O pasado luns 23 de setembro a etapa de secundaria tivo a súa celebración de inicio de curso na parroquia e a súa correspondente xornada de titoría e convivencia no colexio.

 

Para Infantil e Primaria as celebracións tiveron lugar o martes 24, aproveitando tamén a conmemoración de María Auxiliadora.

Infantil tiña a súa celebración na capela e primaria na parroquia, o tema deste ano ía en torno ao lema pastoral “Como na Casa”

Despois disto o alumnado compartía un momento de titoría (con diferentes dinámicas a da chave e a do espello) e posteriormente xogos de aula na 1º sección de EP e xogos no patio para a 2º sección.