Os alumnos do colexio Salesianos Divina Pastora quixeron rematar o trimestre facendo unha entrega de alimentos á parroquia, en representación de todos os que recollemos ao longo do trimestre.

Para eso, fixemos un acto no patio ca presencia de toda a escola, onde representamos o Nacemento e os pastores ao saberes que naceu o Neno, acoden a entregarlle os alimentos que teñen recollidos. A continuación subimos ás aulas para reflexionar se todos temos un anaco de comida, un teito, unha familia...

Ademais, tivemos diferentes titorías ao longo de toda a mañá e, os máis pequenos foron entregarlle as súas cartas aos Reis Magos.

O trimestre remata o venres cunha celebración na Parroquia e co canto de panxoliñas por parte de todos os cursos no salón de actos.

Dende o noso centro educativo, desexamos que neste Nadal todas as persoas que nos rodean, teñan as súas necesidades de comida, teito e abrigo cubertas e que de cara ao próximo ano que entra, non sexa necesario tal desexo e que sexa unha realidade.

BO NADAL!