O pasado mércores 24 de febreiro, e coincidindo coa Conmemoración de María Auxiliadora, todas etapas colaboramos dentro da campaña solidaria, cun Proxecto de Misións Salesianas en Sudán do Sur. Debido á situación sanitaria non puidemos facer a Operación Bocata polo que fixemos a Operación Barriña Solidaria e Pack solidario.

Coa aportación voluntaria porunha barriña enerxética en Educación Infantil e 2€ en Primaria e Secundaria polo Pack Solidario (barriña enerxética e batido) colaboramos en alimentar a nenos e nenas entre 0 e 3 anos.

Nesa mañá fixemos unha titoría para sensiblizar ao noso alumnado con este tema.

 

Moias grazas a todos e todas pola vosa xenerosa colaboración. Cando teñamos as contas comunicarémolo.

A solidariedade segue brotando no noso colexio.

 

 

O mércores 17 comezamos o tempo litúrxico de Coresma. Pero no colexio tivemos a Celebración de Cinza o xoves. A primeira hora da mañá, cada un na súa clase e coas medidas sanitarias correspondentes.

 

Este ano a imposición da cinza foi diferente, este ano botáronnos un pouquiño de cinza na cabeza, sen ningún contacto físico.

Nesta coresma camiño ata a Pascua, queremos que Algo Novo Agrome nos nosos corazóns.

FELIZ CORESMA A TODOS E TODAS.

 

 

 

 

O pasado venres, celebramos no colexio o día do noso patrón. Xa durante a semana fixemos diferentes actividades para coñecer cousas da súa vida, e poñer en valor o que fixo este santo, non soamente dende a perspectiva educativa, legándonos entre outros ese “sistema preventivo”, senón tamén unha asistencia moral que se instalou no noso ideario educativo como fonte de solidariedade e educación para os nosos alumnos e alumnas.

Gustaríame saber que faría Don Bosco ante una situación coma a que estamos a vivir. Esta crise sanitaria mudouno todo, incluso o noso modo de celebrar o noso patrón. Pero Don Bosco non querería ver a nenos e maiores o día do seu patrón con pozas nas retinas. As súas reflexións máis grandes agárdannos onde estiveron sempre, aínda en momentos tan duros coma os que estamos a padecer : “A miña maior satisfacción é verte ledo!”

O santo, quérenos ditosos, por iso sempre tiña ós mozos no ceo da súa boca, por iso, estou certo, que dende o ceo nos segue a coidar e a protexer, neste intre, que nos sabemos tan fráxiles…

Agora, que o que de verdade importa é ter un prato de comida na mesa, agora que o que de verdade importa é que aqueles que máis queremos teñan saúde, agora, máis que nunca, a mensaxe de Don Bosco convértese nun regalo. Aí é onde reside a súa grandeza.

Viva Don Bosco!

 

 

Xa tedes dispoñible a Escola de familias do mes de Xaneiro con tema "A identidade dixital dos nosos/as fillos/as". Esperamos que sexa do voso interese.