- Detalles
- Detalles
Aínda cas dificultades que estamos a vivir queremos celebrar dando grazas por Don Bosco.
Don Bosco é para nós pai, mestre e amigo; a súa vida ilumínanos hoxe e sempre.
Que estes días sexan uns días especiais, uns días de alegría, uns días de familia.
Felices festas!
- Detalles
Quedan abertas as inscripcións para todo o alumnado da ESO que desexe participar no I Concurso Nacional Ingenio Don Bosco.
A través deste enlace teredes a oportunidade de inscribirvos, participar e ser capaces de superar diferentes retos e preguntas para chegar a fase nacional o día 29 de Xaneiro cunha Scape Room Virtual...
Aceptas o reto???
- Detalles
Regresamos das vacacións de Nadal moi ledos/as e con gañas de reencontrarnos para contar as nosas experiencias.
Chegamos ao final da primeira semana "todos xuntos/as" e iso fainos felices, pois quere dicir que estamos actuando con sentidiño e que no cole nos sentimos seguros.
Como cada venres, ao finalizar case a xornada escolar, realizamos unha das nosas actividades máis esperadas que é o MOMENTO MANDALA, unha actividade moi beneficiosa pois nos axuda a concentrarnos, a relaxarnos e a expresar as nosas emocións. É un momento de tranquilidade, de relaxación e de paciencia no que se estimula a nosa creatividade e no que aprendemos a vivir o momento presente.
O noso desexo é o de seguir coidándonos día a día e así disfrutar do cole para chegar ao final deste segundo trimestre todos xuntos.
- Detalles
Tamén, de parte da Comisión de Solidarios, realizamos un vídeo de agradecemento a todas aquelas persoas que colaboraron coas nosas campañas solidarias. Para visualizalo premede aquí.